Home Programas Espazo Aberto As protestas do sector da xustiza esténdese ás e aos técnicos de cultura da Xunta

As protestas do sector da xustiza esténdese ás e aos técnicos de cultura da Xunta

0
As protestas do sector da xustiza esténdese ás e aos técnicos de cultura da Xunta

Ao actual goberno da Xunta saiulle outro sector reivindicativo: o da cultura. Funcionarios e funcionarias agrupados na recentemente creada Asociación Profesional do Persoal técnico de arquivos, bibliotecas e museo (Arbimuga) esixen unha equiparación salarial ao resto de traballadores do seu sector no Estado español.

Funcionarios de cultura da Xunta súmanse ás protestas salariais

As diferenzas de soldos polo mesmo traballo pden chegar aos 500 euros mensuais

Arbimuga reune na actualidade a 80 persoas das 120 que traballan para a Xunta de Galicia en arquivos, bibliotecas e museos de todo o país. Preguntados polas actuais protestas do sector da Xustiza desde Arbimuga non descartan ningún tipo de medida para que se teñan en conta as súas reivindicacións.