A comunicade educativa do IES Lama das Quendas de Chantada iniciou esta semana unhas protestas contra os recortes no ensino e que afectan considerablemente ao centro.
As queixas fundamentais céntranse na desaparición de tres importantes materias optativas no ESO e no Bacharelato; principalmente nas materias do ámbito das humanidades. Ademais das novas limitacións das capacidades educativas do centro tamén presentaron unha queixa xa que a cafetaría do centro está pechada desde o comezo do curso.