A concelleira de Facenda, María Rozas, deu a coñecer en rolda de prensa as propostas que resultaron máis votadas no proceso dos orzamentos participativos nas áreas de cidade, sueste, nordeste e rural.
Na área do rural a proposta que máis votos obtivo foi a da adquisición dun vehículo desbrozador con aspiración.
María Rozas, satisfeita coa participación
Segundo explicou a edil de Facenda, a participación superou a media doutras cidades, como Madrid, Sevilla ou A Coruña, Nesta primeira experiencia levada a cabo en Santiago foron 1.630 as persoas rexistradas con dereito a voto, e un total de 1.350 os votos emitidos para investimentos. Aínda esta/á aberto o prazo para votar as propostas de actividades para a mocidade ata o día 6 de novembro.