As redes sociais convértense este luns nunha fotografía dos comicios municipais e europeos deste domingo. A baixada dos proxectos políticos englobados na liña das ‘mareas’ refléxase na perda da alcaldía nas cidades de Compostela, A Coruña e Ferrol.

O xa ex alcalde Martiño Noriega, de Compostela Aberta, apelaba ao “saber perder”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Nun sentido similar, dende Ferrol, Jorge Suárez chama a continuar construíndo a cidade “con xenerosidade” e “con lealdade”.

Na Coruña, Xulio Ferreiro aínda non se pronunciou sobre os resultados electorais na súa conta de twitter. Si o fixo a candidata socialista, Inés Rey, que podería alcanzar a alcaldía co apoio da Marea Atlántica.

En canto ás eleccións europeas, Lidia Senra, que se presentaba por En Marea, deixará de estar no Parlamento Europeo.

Si o fará a nacionalista Ana Miranda tras conseguir tres escanos a candidatura Agora Repúblicas.

Fóra de Galicia, está causando especial repercursión un emocionante chío lanzado pola xa ex alcaldesa Ada Colau.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -