Home Programas Área Compostela As primeiras reunións que se propón Bugallo: o presidente da Xunta, o reitor e o Arzobispo

As primeiras reunións que se propón Bugallo: o presidente da Xunta, o reitor e o Arzobispo

0
As primeiras reunións que se propón Bugallo: o presidente da Xunta, o reitor e o Arzobispo

O líder do PSOE en Santiago afronta o primeiro día despois das eleccións falando dos seus desexos para o mandato que comezará en xuño. Bugallo di que as tres primeiras entrevistas que pedirá como alcalde de Santiago serán con Alberto Núñez Feijóo, co reitor da USC e co Arzobispo de Santiago. Sobre a súa relación co presidente da Xunta, di: “Feijóo terá en min un colaborador institucional, non un inimigo pero tampouco un subordinado que acate ordes”.

Sánchez Bugallo asegura que quere gobernar en solitario pero “queremos falar con todos os grupos políticos”, explica. O próximo alcalde de Santiago di que quere ter un encontro con eles para saber cal é o espazo no que se van mover e así poder avanzar en acordos. Sobre a idea de Martiño Noriega de facer unha gran capital, o líder do PSOE explica que non quere unha fusión pero si un goberno que traballe para a veciñanza de Santiago e a súa contorna.