No 2018, en Compostela 12.266 persoas pediron prestacións do departamento, o que quere decir que un 13,2% da poboación de Santiago é usuaria de axudas sociais. Máis de 24.000 axudas ou prestacións en todo o ano, que desde o goberno local evalúan como un avance positivo en materia de política e benestar social. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou o balance.
As accións de política social en Compostela están compostas por tres eixos: a programación de Bolsas Comedor, o Servizo de Axuda no Fogar e a ordenanza de Garantía Básica Cidadá. As tres presentan un aumento estable no ano 2018, que provén dun aumento xeralizado de todos os servizos desde 2015. Os bolseiros de comedor tiveron o maior aumento, desde o inicio do mandato de Compostela Aberta hai 400 novos usuarios e un orzamento que conta con 400.000 euros máis (de 585.900 euros en 2018). Os usuarios do resto de axudas tamén se duplicaron desde 2015, e subiron arredor dun 50% entre estes últimos dous anos.
Alén disto, Concha Fernández recalcou que tamén se puxo moito interese en “reforzar aos profesionais” tato como as “metodoloxías” segundo as que traballan, e que a parte burocrática para acceder a certas prestacións é “complexa e moi pesada”, moitas veces sendo o motivo polo que as persoas non acceden ás axudas que teñen dispoñibles. Con todo, finalizou, “aínda quedan cousas por mellorar na administración local e sobre todo na autonómica”.