Home Programas Espazo Aberto As pandereteiras das Encrobas que dan voz ao pobo

As pandereteiras das Encrobas que dan voz ao pobo

0
As pandereteiras das Encrobas que dan voz ao pobo

A loita veciñal das Encrobas (Cerceda) contra a ocupación das terras por parte dunha Unión Fenosa aínda segue viva na lembranza. Este ano veciñas e veciños da zona organizaron a II Marcha pola memoria o pasado sábado 21 de abril ás 11 horas cunha serie de actos que comezarán en Pontoxo.

As Pandereteiras das Encrobas:  mulleres que resisten dando vida á parroquia

Así é o primeiro dos vídeos que resumen o acto de lembranza desta loita veciñal; protagonizado polas pandereteiras das Encrobas, un grupo de mulleres que volveron a xuntarse hai dez anos e que compuxeron temas para dar voz ás moitas persoas que foron protagonistas da historia das Encrobas.

Canto disfrutamos a II Marcha pola Memoria! Grazas ás personas asistentes e as que querían estar e non puideron. Especialmente a todas as Pandereteiras das Encrobas, mulleres que resisten dando vida á nosa parroquia aínda que non sexa o millor momento no personal por motivos diversos (un millón de agarimos e recordos ás que non tiveron con nós) a A Flaira María Rodríguez pola cesión do grabado A Forquita das Encrobas para usar no cartaz e chapa conmemorativa, á Irmandade Moncho Valcarce, a Lolo Barbeito e Nieves Herrero por refrescarnos unha parte da historia que seguimos contando, a Ricardo Marcos Casás Salgado Richi por ser quen de cantar nun cemiterio, facer chorar e sorrir ao tempo, e lembrar e homenaxear as vellas cantadoras que salvaron un legado inmenso de música e saberes coma a súa avoa Rosa e a tía Dolfina, a Torres que chegou de Santaia de Gorgullos aínda que non fose quen de arengarnos, a Emma Pedreira polo texto impresionante que tanto nos chegou a dentro, a Saínza por sorprendernos e emocionarnos co seu conto tan especial para mín, a Xurxo Souto, Saleta e Mini Rivas Cruz por despertar o espíritu de Manuel María e facer soar a Cantiga das Encrobas unha vez máis, a Moncho Iglesias e Xurxo Baña do cadro de teatro de Cántigas da Terra por traernos a Moncho Valcarce en persoa no XXV cabodano do seu pasamento, a Belém Tajes e Patricia C. Loureiro que non estiveron pero querían estar, á todas esas persoas da #PlataformaMinaTouroOPinoNon por transmitirnos solidariedade, loita, irmandade e por vir coñecernos ao noso paraiso asolagado, a Manolo Bacalhau que veu dous anos para cantarnos os Vampiros do Zeca (xa es Encrobense adoptado), ao colexio O Cruce e Jose Manuel Ares Roel e Paco Pakolas Cerdeira por salvarnos o son, a Xosé Ameixeiras por deixarnos retellar no arquivo da delegación do xornal da Voz en Bergantiños, ao Concello de Cerceda por colaborar… Por suposto grazas a Lolo, a Emi Candal Bouzas, Davide Do Arroio, David Fontán Bestilleiro Juan Castro , Xácome Santos por axudar a facer posible o roteiro e a Rosabel Candal Bouzas por estar conmigo a eito nos previos e nesa xornada. Pouco a pouco iremos deixando cachiños desa xornada inesquecible

Publicada por Xose Anton Bocixa Rei en Domingo, 22 de abril de 2018