Home Programas Área Compostela As obras de arte: das galerías privadas aos escaparates dos comercios composteláns

As obras de arte: das galerías privadas aos escaparates dos comercios composteláns

0
As obras de arte: das galerías privadas aos escaparates dos comercios composteláns

As galerías de arte Metro, Trinta, Luisa Pita, e Federica no era tonta impulsan este Nadal a I Mostra de Arte en Escaparates Pasearte, que encherá de obras artísticas os expositores de 84 establecementos da área comercial do Ensanche. Na mostra participarán corenta artistas, entre os que se atopan Antonio Murado ou Vicente Prego, e permanecerá activa até o vindeiro 5 de xaneiro.

Ás voltas co modelo turístico

Un dos obxectivos desta mostra é desmitificar o coleccionismo de arte e achegar estas obras a toda a cidadanía. Así e todo, os promotores desta novidosa iniciativa tentan paliar a desestacionalización do turismo e atraer máis xente á cidade nestas datas, coincidindo coas tradicionais compras de Nadal.

Esta iniciativa, pioneira en Galicia, tenta consolidar un novo e orixinal espazo cultural enmarcado no programa das festas do Nadal.