Este concello do sur de Pontevedra foi a “zona cero” da vaga de lumes do pasado ano con 1.276 incidencias constatadas , numerosas vivendas e empresas queimadas e unha grave repercusión no día a día dos seus habitantes que continúan no día de hoxe.
Foi o incendio máis brutal da historia deste Concello; os danos foron superiores ao millón de euros e a Xunta de Galicia tan só entregou, un ano despois, 180.000€. Recuperar a ilusión continúa a ser a principal tarefa das e dos afectados e o concello vén de comezar un complexo proceso de rexeneración e que conta co apoio de entidades como a Deputación de Pontevedra e a colaboración das comunidades de Montes e asociacións como ONE OAK e Hábitat.
O alcalde deste concello relatou como viviu ese momento e as eivas que detectou na resposta da Xunta así como tamén os problemas que padecen e o masivo retraso nas axudas prometidas por parte do Goberno galego.