O día a día dunha muller xitana non é doado, xa que debe enfrontarse a moitas barreiras sociais e prexuízos que lastran ao seu colectivo. Co obxectivo de darlles voz e visibilidade xorde a campaña “Marcando a diferenza”, que culmina coa elaboración dunha curta que amosa todas estas dificultades. O filme será proxectado este venres 6 no centro sociocultural de Fontiñas, a partires das 17.00 horas.
Este proxecto é froito de varios meses de traballo nos que estas dez mulleres guionizaron, protagonizaron e gravaron unha curta que tenta “rachar cos estereotipos”.
O 8 de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano
A bandeira do pobo xitano locerá no Pazo de Raxoi até o domingo
Alén desta curta, o Concello levará a cabo diferentes iniciativas esta semana de cara ao Día Internacional do Pobo Xitano, que se celebrará este domingo. Os autobuses, marquesinas e demais espazos publicitarios da cidade locerán cartaces a prol deste colectivo, namentres no Pazo de Raxoi alzarase a bandeira xitana até o vindeiro domingo.