Como no resto dos eidos, o da saúde non esta libre de desigualdade de xénero. A muller sempre ocupou un papel máis invisible, e as consecuencias a día de hoxe son nefastas. Como explica Margarita Lopez Carrillo, Presidenta da Xarxa de Dones per la Salut de Catalunya, históricamente “a menciña considera que o modelo masculino e o modelo humano tipo, e que as mulleres son unha desviación”. Isto afecta directamente aos tratamentos que reciben as mulleres, pensados para os homes e, polo tanto, inadecuados.
Ao centrarse os estudos clínicos nos varóns, hoxe descoñecemos en moitos casos como as doezas afectan diferente os diferentes sexos. Por exemplo, fai pouco que se confirmou que os síntomas do infarto de miocardio varían dependendo de se o doente é home ou muller, ou que os síntomas do Trastorno de Espectro Autista tamén son distintos. Isto tradúcese en séculos de datos e tratamentos erróneos.
Este erro é algo do que os colectivos de investigadores non se percataron ata mediados dos anos 80, e aínda a día de hoxe continuamos a ser testigos desa desigualdade e invisibilización. Que non se teña en conta “a natureza cíclica dos nosos corpos” ou que “non se investigase a penas a menstruación normal e sana“, como explica López Carrillo, son bos éxemplos disto.
Este é un dos temas principais que se tratarán no Seminario de “Polo dereito á saúde con equidade” organizado por Farmamundi, que tenta crear consciencia sobre o longo camiño que queda para conseguir a saúde universal real.