Amarcarril, a Asociación Nacional de Mulleres da Peca, a Federación Galega de Redeiras O Peirao, a Asociación de Mulleres do Mar de Arousa, a Asociación cultural de mulleres do mar de Cesantes e la Asociación de Redeiras Atalaia viaxaron ata Bruxelas para participar das xornadas de Mulleres Europeas do Mar. Alí pediron, entre outras, a igualdade de salarios, o recoñecemento das enfermidades profesionais e que as mariscadoras e as redeiras sexan tidas en conta nas estatísticas. Dentro desta Rede Europea de Mulleres da Pesca e da Acuicultura (AKTEA) estarán dúas representantes galegas que formarán parte do grupo de traballo que busca encargado de revitalizar a rede, programar os próximos encontros e manter unha loita firme en defensa da igualdade.