Home Programas Espazo Aberto As mareas municipais dán o pistoletazo de saída para as eleccións de 2019

As mareas municipais dán o pistoletazo de saída para as eleccións de 2019

0
As mareas municipais dán o pistoletazo de saída para as eleccións de 2019

Disputar hexemonías á dereita. Baixo esta idea central, decorreu hoxe a xornada de reflexión colectiva en Santiago da man das mareas municipalistas nun encontro impulsado por Compostela Aberta e que serviu para dar continuidade ao organizado por Ourense en Común meses atrás.

Co obxectivo de actualizar as axendas municipais e de profundizar as vías de colaboración entre as mareas locais, unhas trescentas persoas participaron ao longo do día de hoxe na xornada que tivo lugar no Matadoiro Compostela e no CSC das Fontiñas e cuxa sesión de clausura correu a cargo do alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Consolidar un país cheo de mareas diversas, autónomas e feministas

No encontro houbo moreas de chamados á necesidade de “avanzar e reforzar a unidade popular“. No acto de clausura, o alcalde de Santiago resaltou a necesidade de “tecer rede dende a diversidade” para poder xerar un “futuro diferente” ao tempo que incidiu que as mareas municipais chegaron “para quedarse”. Comeza, pois, a conta atrás para as eleccións municipais de 2019.