O recente inicio da actividade na Canteira de Casalonga colleu por sorpresa tanto aos veciños coma ao Concello. O Alcalde de Teo, Rafael Sisto, xa fixo pública a preocupación do seu equipo de Goberno logo de acudir ao recinto mineiro para descubir alí a persoal tanto de Toysal como da Dirección Xeral de Minas da Xunta. Pola súa banda, a plataforma Casalonga Limpa de Residuos convocou unha manifestaión de máis de 24 horas para a fin de semana.
“Como prevíamos a canteira retoma a actividade”, explica o alcalde, o que alertou a toda a veciñanza porque, logo da paralización do proxecto do verdedoiro o ano pasado,”a previsión era que se presente un novo plan de restauración que incorpore a chegada de residuos”. Neste aspecto, o Concello de Teo critica a falta de resposta da Xunta, e insisten en que “necesitan acceder xa a todo o expediente porque iso vai a dar as garantías de que o concello poida actuar contundentemente contra calquer uso perverso da normativa“.
Isto é algo no que tamén insisten dende a plataforma Casalonga Limpa de Residuos, e que debido á “pouca información” que lles proporciona a Dirección Xeral de Minas, o que teñen son “moitas especulacións”, comenta o Vicepresidente. O que está claro é que esa explotación mineira xa non da beneficios, e explica que “o que é rendible é o burato e agochar a meda debaixo da terra”. Algo que “non só esta a ocorrer aquí”, engade, senon que “temos constancia de máis de 200 canteiras abandoadas en todo Galicia que se están mercando para enchelas de lixo”.
En resposta a estas novidades, que puxeron alerta a toda a veciñanza da contorna, convocouse unha manifestación de máis de 24 horas. Comezará o vindeiro sábado 23, ás 12h. Trátase de “grupos pequenos” de representantes de “máis de 40 colectivos”, que acudirán cada hora a Casalonga para protestar ate o día seguinte. É para o domingo, dende o medio día ata a unha, que a Plataforma está chamando á xente para que se sumen nunha andaina pola estrada N-550, que comezará na Capilla do Monte Carmelo. A mensaxe dos veciños é clara: “non imos parar ata estar seguros de que aquí non se ai faer nada“.
Concienciar á poboación dos perigos que supón un verdedoiro, non só para a flora e fauna do ecosistema que evolucionou na canteira, senón a nivel humano en termos de calidade de vida e saúde, é a tarefa doada. Parece que aínda queda que a Administración atenda a mensaxe.