Home Programas Área Compostela As investigadoras continúan reclamando a través dos Martes Negros a fin da discriminación salarial

As investigadoras continúan reclamando a través dos Martes Negros a fin da discriminación salarial

0
As investigadoras continúan reclamando a través dos Martes Negros a fin da discriminación salarial

A Asemblea de Investigadoras da Universidade de Santiago de Compostela leva reclamando dende o mes de febreiro unha serie de melloras para acabar coa precariedade laboral. Reivindican tres puntos principais: a suba salarial, que esa suba iguale os salarios entre as investigadoras e que teñan unha indemnización pola fin de contrato.

Esta discriminación salarial comezou no ano 2016. Dende a Asemblea de Investigadoras de Compostela destacan o éxito acadado dende o xurdimento dos Martes Negros. Aseguran que conseguiron ir gañando visibilidade tanto dentro da Universidade coma na sociedade en xeral, e ademais din que están conseguindo a unión de todos e todas as investigadoras.

Porén, aínda que cren que a USC é consciente da forza coa que están levando a cabo este movemento, os investigadores e investigadoras seguen á espera de que a Universidade poña en práctica as melloras solicitadas.

Polo momento conseguiron que a súa voz sexa escoitada por algúns sindicatos que teñen en conta xa a situación e lle dan o seu apoio.