As industrias culturais, tema central do vindeiro Encontro Aberto co Sector Cultural

Celebrarase no Auditorio de Galicia o 24 de abril, a partires das 19.00 horas

O Concello manterá o segundo “Encontro Aberto co Sector Cultural” o vindeiro martes 24 de abril, a partires das 19.00 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. O obxectivo é manter un “foro de diálogo e traballo en común” entre axentes culturais, persoal técnico, responsables municipais e a propia cidadanía.

Nesta ocasión, o eixo central do debate será a innovación das industrias culturais e creativas. Berta Álvarez, coordinadora do Centro de Emprendemento Cultural e Creativo de Galicia, será a encargada de conducir a conversa.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

No coloquio intervirá tamén Joxean Muñoz, viceconselleiro de Cultura do Goberno de Euskadi. Para participar no evento, será preciso inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo teatroprincipal@santiagodecompostela.gal até o día 23.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -