As hortas urbanas da Coruña: un novo modelo de convivencia

Reportaxe de Nós Televisión sobre as ecohortas urbanas da Coruña

Cada vez máis municipios procuran na recuperación do medio ambiente un novo modelo de convivencia. Un exemplo serían a proliferación de hortas urbanas, unha actividade non moi allea ao noso territorio. Na Coruña desde o concello iniciaron unha aposta clara polas ecohortas logo dun exitoso proceso participativo.

As Ecohortas na Coruña teñen unha evidente vocación educativa e integradora

O seu obxectivo vai máis alá da ocupación de espazos públicos para a cidadanía. Nas tres hortas urbanas da última convocatoria reserváronse cotas para persoas xubiladas ou maiores de 65 anos, veciños e veciñas receptoras de rendas sociais e para asociacións sen ánimo de lucro e centros públicos de ensino dos distritos ou áreas achegadas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Todo indica que no futuro as ecohortas urbanas na Coruña chegarán a extenderse a outras zonas da cidade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -