Home Programas Espazo Aberto As habitantes de Carballo fixéronse co poder das rúas na Semana Europea da Mobilidade

As habitantes de Carballo fixéronse co poder das rúas na Semana Europea da Mobilidade

0
As habitantes de Carballo fixéronse co poder das rúas na Semana Europea da Mobilidade

O Concello de Carballo volcouse por cuarto ano consecutivo coa Semana Europea da Mobilidade que se celebrou do 16 ao 22 de setembro. Carballo é unha das máis de 2.000 cidades de todo o mundo que participan este ano na Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa da Unión Europea para promover medios de transporte sostibles.

O último acto enmarcado na Semana da Mobilidade celebrábase este pasado domingo cun paseo polos espazos emblemáticos do Carballo da man do historiador local Xan Fraga, polos edificios e os espazos emblemáticos do Carballo de 1929. Ademais, este ano en Carballo celebran o 90º aniversario de símbolos do seu pobo como a Praza da Liberdade (hoxe Praza de Galicia), o mercado municipal e as escolas do xardín (actualmente ludoteca), e aproveitando a efeméride, editaron coa colaboración da Agrupación Cultural Lumieira, unha publicación conmemorativa que repartiron a todas as persoas que se uniron á iniciativa. Deste xeito, as e os habitantes de Carballo conseguiron unha vez máis facerse co poder das rúas do seu concello.