A música tradicional galega estará presente no Primavera Sound 2019 que arrancou esta semana en Barcelona. O grupo de gaiteiras do Centro Galego de Barcelona actuará o vindeiro venres nun dos escenarios do Parc del Fòrum logo de que o presidente do Centro, Carlos Mandianes, pechase o acordo. A agrupación de gaiteiras do Centro Galego de Barcelona, formada por catro mulleres, contribuirá coa súa actuación a consolidar a aposta do festival polo protagonismo feminino.
Preto de 300 artistas ofrecerán un total de 331 actuacións ata o vindeiro 2 de xuño no
Primavera Sound, que se celebra desde 2001 en Barcelona e que se converteu nun
referente como festival urbano para espectadores de varias xeracións e afeccionados a
distintos estilos musicais como o rock, o pop ou tendencias underground. Miley Cyrus,
Rosalía, Ninna Kraviz, Solange, Christina Rosenvinge ou DJ Coco, son algúns dos
protagonistas da presente edición.