As Festas do Apóstolo declaran a guerra ás violencias machistas

O Concello de Santiago habilita, na praza do Toural, un punto de información e atención sobre violencias machistas que permanecerá aberto entre as 20.00h e as 02.00h

Unhas Festas do Apóstolo libres de violencia machista. Ese é o propósito do Concello de Santiago, que este ano decidiu habilitar na praza do Toural un Punto Lila de atención e información sobre as violencias sexuais. Este espazo permanecerá aberto, até o 31 de xullo, en horario de 12.00 a 14.00h e de 20.00 a 02.00h. Un equipo de seis psicólogas, en quendas de tres, presta o servizo durante a noite.

Alén de garantir un Apóstolo sen agresións contra as mulleres, este proxecto piloto tenta tamén dar a coñecer o Centro de Información ás Mulleres, un edificio ubicado na rúa das Galeras que atende e informa ás denunciantes de violencia de xénero durante todo o ano.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Calquera persoa pode denunciar un acto de violencia machista

A este Punto Lila poderá achegarse calquera que precise información ou atención. Así e todo, as persoas que presencien un acto de violencia machista poderán denunciar o acontecido neste espazo e, se ela así o desexa, acompañar á vítima á comisaría ou mesmo a un centro hospitalario. “Sempre respectando a vontade da persoa afectada”, salienta Teresa Furelos, xefa de servizo da Área Social do Concello e responsábel desta iniciativa.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -