Home Programas Espazo Aberto As Festas de San Paio máis solidarias

As Festas de San Paio máis solidarias

0
As Festas de San Paio máis solidarias

No marco das Festas patronais de San Paio (A Estrada), o sábado 24 ás 6 da tarde na Praza do Concello, terá lugar unha Masterclass de Zumba na que se recollerán alimentos en favor de Cáritas; asociación que axuda a máis de 200 familias locais.

Priscila Dance ofrecerá, xunto con 10 instructores e instructoras, dúas horas de baile “aberto a todos os públicos” 

Outras actividades solidarias

O domingo 25 ás 4 da tarde, haberá un torneo de tenis a favor de ONCOMET nas pistas municipais. E o luns 26 ás 12 da mañá, o campo de fútbol novo acollerá un partido, entre representantes políticos e empresarios, para recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro.