“As enquisas non son leis, pero indican tendencias”

O concelleiro Xan Duro valora a "confianza" da cidadanía en Compostela Aberta, namentres o BNG celebra a súa lixeira "recuperación" electoral

Segundo indica unha enquisa presentada recentemente por Compostela Aberta, a formación liderada por Martiño Noriega revalidaría a súa vitoria cunha suba do 3’1% ao respecto dos comicios de 2015. Deste xeito, podería aumentar a súa vantaxe gañando outro escano. O concelleiro Xan Duro valora o “aprobado” que a cidadanía dá a CA, mais advirte que “a única enquisa válida son as urnas”.

Pola súa banda, o BNG experimentaría un lixeiro incremento do 0’3%, mantendo os dous edís que ten na actualidade. O voceiro da formación nacionalista, Rubén Cela, advirte unha “clara recuperación” electoral do Bloque: “A veciñanza sabe que somos unha forza seria e honesta”, apuntou.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -