
“É moi probable que cando leas estas liñas esteas san e non teñas que recorrer á sanidade pública galega, ou pode ser que si, que tiveras que pasar pola man dos seus profesionais. Poida que vivas ou non esas circunstancias, pero non podemos agardar a que un problema nos afecte directamente para ser sensibles á realidade que nos rodea”. Así arranca o manifesto escrito polas Enfermeiras Eventuais en Loita que piden sinaturas “porque a precariedade laboral non pode ser compatible con un sistema de saúde de calidade”.
No manifesto, critican principalmente a precariedade á que se ven sometidas, a concatenación de contratos e dificultades para conciliar a vida laboral e familiar, entre outras. “A enfermaría déixase a alma coidando aos que a necesitan, pero sentímonos indefensas, porque a Administración non nos coida”. Por iso, lanzan a seguinte mensaxe: coida a quen te coida.