“A inestabilidade laboral vai aumentando a pasos axigantados ao mesmo tempo que diminúe a calidade asistencial. Esta situación laboral de eventualidade extrema posiciona ao persoal nunha situación moi comprometida: non só a de traballar sometido ao estrés que xera “per se” unha actividade laboral chea de responsabilidades como é a Enfermaría, senón ao engadido que supón o cambio diario de servizo ou ubicación, a incertidume, a calidade dos contratos, etc.” Así comeza o informe que levou a cabo o colectivo Enfermeiras Eventuais en loita na súa ‘Enquisa da Enfermaría galega precaria‘ baseada nun total de 753 enquisas realizadas entre o 11 de marzo e o 16 de maio deste ano.

Desas 753 persoas enquisadas, o 89% considérase en situación de “precariedade laboral” mentres que “só un 2,2% opina non ter un traballo precario”. De media, pasan 8,14 anos sendo “24 os anos do que máis tempo leva” e un “78,7% dos enquisados leva nas listas cinco anos ou máis, un 44,4% do total leva 10 ou máis”, concreto o informe. Os primeiros levan con ela unha media de 3,2 anos, pero para conseguila “tiveron que pasar 12,2 anos desde que sumaron o seu primeiro contrato no Sergas”.

“Por este motivo dende o noso colectivo cremos que o tempo de estar na escuridade rematou. Agora é tempo de coidar a quen te coida”, indican no informe. “É tempo de coidar á enfermaría“.

- Publicidade -