A loita veciñal das Encrobas (Cerceda) contra a ocupación das terras por parte dunha Unión Fenosa aínda segue viva na lembranza. Este ano veciñas e veciños da zona organizaron a II Marcha pola memoria para o sábado 21 de abril ás 11 horas cunha serie de actos que comezarán en Pontoxo, á beira da igrexa das Encrobas, precisamente onde está situado o busto na honra de Moncho Valcarce.
… "Soñamolo e aquí estamos..queriamos vir pois tiñamos moitas imaxes na nosa retina e moitas palabras no noso corazón. Ate o sol veu hoxe acompañarnos" Emi Candal. "Chorei ao ver o teu corpo feble, o teu metro corenta rodeado de voitres e bestas armadas con tricornio. E chorei ao ver a túa dignidade firme e rexa, a túa carraxe, o teu ollar limpo coma o ar fresco do herval…" Luis Liñares Barbeito. " o dia da gran batalla, ergueronse paos contra metralletas, tiraronnos ao chan, levaronnos presas…a unión estalou en Berro Seco" Bocixa. En pau Rañón habia unha calor que atravesaba os séculos. Este non é un país de derrotas…hai que desmontar a imaxe de pobo encolleito e atemorizado, dominado. Sentin nas Encrobas que aquelas xentes non eran servas…foi unha lección extraordinaria…a unión das de abaixo, a xente coa terra, coa natureza…transmitamos esto as xeracións futuras!" Manolo Rivas.
Publicada por Xose Anton Bocixa Rei en Martes, 17 de abril de 2018
A partir deste lugar comezará un roteiro que se prolongará até as 15 horas. Nesta andaina haberá intervencións musicais en directo, poesía e, sobre todo, moita memoria e a voz de moitas persoas que foron protagonistas da historia das Encrobas.
Segundo ano
O ano pasado foron case 300 persoas as que asistiron á chamada e lembraron o 40 aniversario dos enfrontamentos do pobo das Encrobas contra a Garda Civil para impedir que lles quitaran as terras en Pao Rañón.
Para esta edición preparouse unha ruta diferente con todo o traxecto a pé “por espazos asoballados que gardan mil historias”, apuntan desde a organización, “e coa compañía de persoas que rexurdirán das súas cinzas para facer revivir feitos históricos que é necesario lembrar para poder tamén transmitirllos á xente máis nova”.
"Estou emocionada…eramos máis ben unha familia…a xente que non o viviu non o pode entender…eu era unha nena, a xente estaba triste, levaban persoas detidas (familiares e veciñ@s) e eu tiven medo pois eu escoitara moitas historias, meu padriño viviu a guerra, pero non a guerra na casa…é importante que nos axudemos unhas as outras"", Carmiña da Enfesta!!Sábado 21 de abril II MARCHA POLA MEMORIA, AS ENCROBAS 2018, XXV ANOS SEN MONCHO VALCARCE. Poesía, música, teatro, loita, solidariedade, lembranza… TRAE O TEU TEXTO, O TEU POEMA, A TÚA REIVINDICACIÓN, ADEMÁIS DAS PERSONAS E COLECTIVOS CONVIDADOS A INTERVIR, HABERÁ MICRO ABERTO. Vémonos en Pontoxo, As Encrobas ás 10.30 da mañá! As 11 comezan os actos e remata o roteiro ás 14.30. Xantar no Restaurante O Panadeiro previa reserva, límite o mercores 18. Podedes anotarvos via mesenger aquí…compartide!
Publicada por Xose Anton Bocixa Rei en Jueves, 12 de abril de 2018