A central térmica de Meirama deixa hoxe, 30 de xuño, de operar. Vinculada a existencia desta central atópase a historia vivida pola veciñanza das Encrobas, no concello coruñés de Cerceda, dende o momento en que se propón a extracción de carbón, en 1974. Pretendíase, co apoio do réxime franquista, a expropiación de terras para que Unión Fenosa explotase a mina. Tralo conflito chegou un acordo que só foi parcialmente respectado. Trinta anos despois, case mil persoas tiveron que abandonar o val.