O Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia (Ceesg) organizou na tarde do luns tres concentracións ante as sedes do Goberno galego en Compostela, A Coruña e Ourense para demandar a fin da discriminación da Xunta contra a súa profesión.
Dende o Ceesg non só consideran que o Goberno ignora as súas reivindicacións, como a creación dunha lei galega que garanta o dereito das persoas a recibir unha atención socio-educativa digna, senón que advirten de que no borrador da oferta de emprego público non aparece a categoría de ‘educación social’. As mobilizacións do colectivo están recibindo o apoio das organizacións políticas e sociais, ademais de contar co apoio do propio sector.
As educadoras socias fan un traballo imprescindible para axudar ás persoas máis vulnerables. A @Xunta págallo discriminando a súa profesión nas ofertas pública de emprego. #SomosEducaciónSocial pic.twitter.com/tw6ro53j7K
— Marea Atlántica (@mareatlantica) October 14, 2019
A #EducaciónSocial, alén dunha profesión para a transformación da sociedade (axentes de cambio social) é un dereito da cidadanía, que a Xunta, na situación de emerxencia social na que nos atopamos, ten que garantir.
Agardamos que cumpra as súas demandas. #SomosEducacionSocial pic.twitter.com/cuzDDldJUs— EnMarea (@En_Marea) October 14, 2019