Home Programas Espazo Aberto As educadoras sociais tamén en loita contra dos discursos de odio: “O que fan é espallar mentiras”

As educadoras sociais tamén en loita contra dos discursos de odio: “O que fan é espallar mentiras”

0
As educadoras sociais tamén en loita contra dos discursos de odio: “O que fan é espallar mentiras”

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais (CEESG) lanza unha nova campaña centrada no recoñecemento da súa profesión. O principal obstáculo que atopan as traballadoras é o Partido Popular, que esta semana vetou unha iniciativa no Parlamento que buscaba a regularización da profesión de educadoras sociais. Ao mesmo tempo, o goberno de Alberto Núñez Feijóo excluíu á educación social, como categoría profesional, da oferta de emprego público. Neste contexto, o CEESG lanza unha nova campaña “A miña profesión ten nome: educación social” que se suma a iniciada en Change.org.

As educadoras sociais ven con preocupación o auxe de formacións e discursos de odio ao mesmo tempo que se lle nega á poboación o dereito a unha educación social digna e profesionalizada. A secretaria do CEESG, Rocío Núñez, acolle ao equipo de Nós Televisión e explica os pasos dun camiño de loita a percorrer en Galicia.