Home Programas Área Compostela As e os traballadores do Hostal dos Reis Católicos reclaman un “convenio digno”

As e os traballadores do Hostal dos Reis Católicos reclaman un “convenio digno”

0
As e os traballadores do Hostal dos Reis Católicos reclaman un “convenio digno”

A representación das e dos traballadores do Hostal dos Reis Católicos denunciaron hoxe que a xerencia do centro está a “bloquear” a negocación dun novo convenio. Denuncian que levan case 8 anos co convenio caducado e con eles conversamos esta mesma mañá.

Con ERE desde 2013

Denuncian que co ERE as e os traballadores perderon “moitos dereitos contemplados no vello convenio” e que a patronal bloquea a negociación xa que considera que o punto de partida ten que ser a data de finalización do ERE (2016) e, pola contra, desde a parte sindical defenden que a data de referenza debe ser a da finalización do último convenio (2010).

Ademais, anunciaron que continuarán durante os vindeiros días coas protestas e, a seguinte cita, será o vindeiro 29 de xullo desde as 16:30 nas portas do propio Hostal.