A Núñez Feijóo acumúlanselle os conflitos este verán. As e os traballadores do 061 convocan unha folga indefinida dende este mércores por mor do traslado do seu centro de traballo de Compostela á Estrada, que non contemplaría una compensación económica polo desprazamento e impediría a conciliación entre a vida laboral e a familiar.
Denuncian o “inmobilismo” da Xunta nunhas negociacións que comezaron en maio de 2017
Unha das cuestións que denuncia o colectivo son os “servizos mínimos abusivos” impostos pola Xunta, que suporía o 100% da plantilla. O BNG, que se reuniu este martes coas traballadoras, denuncia o “inmobilismo” do Goberno galego, que coñecía estas demandas dende maio de 2017.
A bancada nacionalista levará ao Parlamento, cando se retome o período de sesións, diferentes iniciativas para defender a este colectivo que, asegura, está a ser esquecido pola Xunta de Galicia.