Home Programas Espazo Aberto As e os traballadores da Xustiza acampan ante a Xunta como protesta

As e os traballadores da Xustiza acampan ante a Xunta como protesta

0
As e os traballadores da Xustiza acampan ante a Xunta como protesta

Preto de cumprirse o terceiro mes de folga, o conflito entre a Xunta e os traballadores e traballadoras do sector administrativo da Xustiza semella estar lonxe de atopar unha solución nas vindeiras datas.

“Ficaremos aquí agardando até que Rueda queira abrirnos as portas”

Durante a pasada semana, ambas partes mantiveron unha “intensa” xornada de negociacións que rematou pola decisión do Goberno galego de desestimar a última oferta do comité de folga, que asegura ter cedido “moito” para tentar unha volta á normalidade. Emporiso, o comité decidiu acampar diante de San Caetano “ata que a Xunta abra as portas” e retome o diálogo cos sindicatos.

O comité de folga acepta recuperar o 80% do traballo atrasado

Dende o comité aseguran estar “moi preto” das condicións da Xunta, que ofrece un salario que se achegue á media do percibido nas demais comunidades autónomas, namentres as e os traballadores esixen situar a Galicia na cuarta posición a nivel estatal. Os sindicatos aceptan que se recupere, como mínimo, o 80% do traballo atrasado por mor da folga, un punto no que a Xunta coincide. Con todo, esta mobilización non cesará a curto prazo se o vicepresidente e conselleiro de Xustiza, Alfonso Rueda, “non cede”.