Home Programas Espazo Aberto As e os pensionistas non cesarán as mobilizacións “ata que o Goberno rectifique”

As e os pensionistas non cesarán as mobilizacións “ata que o Goberno rectifique”

0
As e os pensionistas non cesarán as mobilizacións “ata que o Goberno rectifique”

O colectivo de pensionistas de Galicia fala alto e claro: as súas pensións son demasiado baixas e perden poder adquisitivo ano tras ano por mor da suba conxelada do 0,25%. A única oferta que aceptarán por parte de Moncloa é un incremento que se corresponda co aumento do IPC.

A proposta de Montoro é unha estafa

Unha das principais cuestións que se atopaba baixo os focos foi a proposta do ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, de diminuír o IRPF ás e os pensionistas que cumpran unha serie de requisitos. Porén, Carlos Pardo, de Comisións Obreiras da comarca de Santiago e Barbanza, considera isto unha “estafa”, xa que só se aplicaría ás rendas máis altas das persoas maiores de 80 anos, polo que apenas tería incidencia entre a meirande parte do colectivo.

En definitiva, a súa esixencia é moi sinxela; queren se lles aplique unha suba equivalente ao incremento do IPC para que non se devalúen as pensións, fronte á proposta da executiva de Mariano Rajoy de aumentar cada ano un 0,25% e que, segundo as previsións, podería permanecer conxelada até o ano 2060. As e os pensionistas téñeno claro: non deixarán de mobilizarse ata que o Goberno central “escoite” as súas demandas e suba as pensións.