O profesorado do ensino público de Galicia está en loita. Opositores e militantes da Unión Sindical de Docentes de Galicia —USDG— asinan un manifesto no que denuncian que, no proceso de oposicións, non existe un auténtico “concurso público”, xa que o número de aprobados apenas acadou o 13% este ano. Este mércores presentaron na Xunta as súas demandas.
Malas condicións para realizar os exames
As e os docentes denuncian ante o Goberno galego os diferentes problemas que atoparon para realizar as probas de exame. Calor nas aulas, criterios de corrección “opacos” ou o feito de publicar as notas das persoas aprobadas antes cá das suspensas son cuestións que incomodan a quen aspira a obter unha praza no sistema educativo de Galicia. Dende o sindicato consideran que estes datos son “inapropiados” para o desenvolvemento eficaz da docencia no país e lamentan que esta situación “afecta especialmente” ao profesorado.