.@martinhonoriega rexeita as detencións contra cargos da Generalitat. "Son un paso máis no estado de excepción" https://t.co/8SWagwp3LV pic.twitter.com/31GcDCB2vn
— Nós Televisión (@NosTelevision) September 20, 2017
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asegurou en relación cos últimos acontecementos en Cataluña, que o goberno do Partido Popular en Madrid busca criminalizar ao independentismo catalán.
Martiño Noriega pensa que Rajoy quere criminalizar o independentismo catalán
Dunha maioría silenciosa a unha maioría silenciada.
Dun estado de dereito a un estado de excepción.#CridaDemocracia— Martiño Noriega (@martinhonoriega) September 20, 2017
En relación á súa participación na asemblea estatal convocada polo lider de Podemos, Pablo Iglesias, o alcalde compostelán asegura que aínda non está confirmada mais que a súa vontade é asistir. En relación a este tema logo de que se realizaran varias detencións de cargos públicos do goberno catalán convocáronse manifestacións en varias cidades galegas, entre elas Compostela.