As cooperativas de economía social achegan os seus produtos en Compostela

Unha exposición con espazos efímeros estará aberta venres e sábados de febreiro, marzo, abril e xuño na Praza de Abastos da capital galega

Achegar os produtos de emprendementos de economía social é o obxectivo da presenza na Praza de Abastos de Compostela da exposición de espazos efímeros que organizou a Asociación de Cooperativas Galegas (Agaca) a partir do proxecto LACES, unha proposta que ten como fin último contribuír ao fomento e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e para xerar e consolidar emprego.

Varios venres e sábado dos meses de febreiro, marzo, abril e xuño as persoas que visiten a Praza de Abastos poderán degustar os produtos das cooperativas Campo Capela, Tres fuciños, Terras da Mariña, Nutre en Bio, Condado Paradanta, Milhulloa, Galifresh, Erica Mel, Cobideza, Conservas Anaco, Clun, Dairylac, Caprina Galega, Alcrique ou Martín Códax. Ademais, logo, poderán dara súa opinión nunha enquisa que forma parte do proxecto.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Proxecto transfronteirizo

Este proxecto vai máis alá do espazo galego e entra en Portugal. Por parte galega e portuguesa conta coa participación da Xunta, as universidades de Santiago de Compostela, a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, Tecminho, a Associação Centro de Incubação Base Tecnológica do Minho (In.cubo), a Câmara Municipal de Santo Tirso, e as asociacións de economía social de Galicia EspazoCoop-Unión de Cooperativas Galegas, Asociación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal), e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca).

Ademais pretende dar un impulso de empresas de economía social para lograr modernizar as estratexias de promoción e apoio a esta economía solidaria e colaborativa, favorecendo a consolidación e creación de empresas e de emprego de calidade na eurorrexión.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -