Home Programas Espazo Aberto As confrarías piden o cese da actividade: “Estamos traballando para tirar o marisco ao mar”

As confrarías piden o cese da actividade: “Estamos traballando para tirar o marisco ao mar”

0
As confrarías piden o cese da actividade: “Estamos traballando para tirar o marisco ao mar”
Imaxe: Lentes Diverxentes

Os mariscadores e mariscadoras de Rianxo e Vilanova, entre outras confrarías, esixen o cese da actividade por forza maior para o marisqueo a pé e o marisqueo a frote. Días atrás, as confrarías da Arousa e AGADE remitían un escrito á Xunta e ao Estado pedindo medias urxentes.

Miguel Ángel Romero é o patrón maior da Cofradía de Pescadores de Rianxo, de 600 socios e socias. Para Romero, o motivo principal polo que piden o cese é a protección da saúde dos e das mariscadoras: “Traballamos todos xuntos e á lonxa chegamos á vez, tanto para pesar como para vender”.

Segundo o decreto do estado de alarma, as actividades de abastecemento de alimento deben estar garantidas, mais neste caso, desde a confraría de Vilanova de Arousa explican que as depuradoras xa están cheas de ameixas. Romero vai máis alá: “dinnos que somos de primeira necesidade cando o marisco non o é.”

Dependencia da hostelería?

María Vales, patroa maior desta confraría con 400 persoas socias, aclara que non dependen directamente da hostelería: “Nós dependemos das depuradoras, e elas tanto dos mercados como da hostelería. Se os hostaleiros pechan, as depuradoras non venden. As depuradoras teñen todo cheo e non nos queren as ameixas. É todo un círculo.” Miguel Ángel Romero coincide: “Estamos traballando para tirar o marisco ao mar”.