Home Programas Espazo Aberto As Confrarías de Pescadores da Coruña presentan Portal Web

As Confrarías de Pescadores da Coruña presentan Portal Web

0
As Confrarías  de Pescadores da Coruña presentan Portal Web

O sector do mar na Coruña conta cunha nova ferramenta de comunicación. Esta fin de semana presentouse en Santiago de Compostela o portal www.fpcpacoruña.es das confrarías de pescadores da Coruña, unha fiestra en internet aberta para coñecermos de forma rápida e estruturada unha gran cantidade de información, permitindo localizala de forma intuitiva e axilizar as procuras de datos.

O proxecto está desenvolvido no marco do Convenio de Colaboración coa Consellería do Mar, e créase co obxectivo de garantir a mellora da información xeral e transparencia en cumprimento da lei para todas as actuacións desenvolvidas pola federación. Coa posta en funcionamento deste portal web, dáse así o paso en firme cara á implantación no sector da Responsabilidade Social Corporativa.

Este novo portal conta con enderezos electrónicos das diferentes confraría que poderán ser xestionados por elas mesmas. No acto de presentación participaron os principais representantes do sector, Patróns maiores, Presidentes de agrupacións, Secretarios/as das confrarías e unha destacada presenza institucional, coa asistencia de Rosa Quintana, conselleira do Mar da Xunta de Galicia e Susana Rodríguez, Directora Xeral de desenvolvemento pesqueiro.