As cámaras como elemento de inclusión

Mañá venres 23 de febreiro, Compostela ten unha cita co Teatro Principal. A directora Lara Bacelo presenta, ás 20.30 horas, o documental Cerebro, artes, acción, unha peza que pula pola integración social e a loita contra a discriminación ás persoas con diversidade funcional. Neste proxecto colaboran asociacións a prol da igualdade coma ASPANAES ou Fonte da Virxe. A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, valorou a “vocación integradora” deste documental.

As artes escénicas poden ser un instrumento moi eficaz para que estes rapaces e rapazas melloren a súa autoestima

O proxecto xurdiu o pasado ano con motivo do Día Internacional da Danza, como unha iniciativa para axudar á integración destes colectivos “pouco visibilizados” a través da música e o baile. Un ano máis tarde, Lara Bacelo trasládao ao formato audiovisual nunha peza de 35 minutos que, se todo vai ben, convertirase nun documental dunha hora de duración que levará a diferentes festivais audiovisuais. Bacelo amosa a través de esta iniciativa como as cámaras e a televisión poden ser un elemento de inclusión.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -