As actrices galegas rebélanse e esixen igualdade

"A reivindicación é clara: presenza. Máis e mellor . Por xustiza e por un exercicio de responsabilidade con nós e coas xeracións que estamos a criar como sociedade e que merecen modelos a seguir libres e igualitarios"

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia vén de difundir unha curta para reclamar unha “presenza digna de personaxes femininas representativas da realidade social” Desde a entidade alertan que a persenza de mulleres no sector non só é menor en termos de cantidade, senón na relevancia dos papeis a representar, cun número menor de personaxes protagonistas.

Somos menos, máis novas, menos importantes e cobramos menos

Ademais o desequilibrio vai aumentando de xeito exponencial a medida que avanzamos nos rangos de idade.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -