Home Programas Espazo Aberto Arzúa volve ser a capital do queixo

Arzúa volve ser a capital do queixo

0
Arzúa volve ser a capital do queixo

Un ano máis, volta un dos festexos galegos que máis repecursión teñen no mapa, a Festa do Queixo de Arzúa. Esta 44º edición traenos ademais de gastronomía a esgalla, obradoiros, exposicións, actividades, tertulias e música cun programa tanto para os maiores como para as crianzas.

Para que non cadre co entroido, desta quenda a Festa do Queixo será entre o 8 e 10 de marzo, aínda que o programa se extende ás semanas previas. En total haberá 51 queixerías e un total de 70 postos, enchendo o límite establecido do recinto feiral. E a pesar de que o queixo de Arzúa-Ulloa é o protagonista, poderemos atopar queixos galegos das catro denominacións de orixe. 

Como o queixo, a música xa é parte imprescindible do programa, e haberá para todos os gustos e idades. Polo día, o festival Pequequeixo traenos os espectácuos musicais de Cé Orquestra Pantasma e de Baobab Teatro; e pola noite poderemos atopar Los Secretos, Heredeiros da Cruz ou Sés, entre outros. Todos serán de balde e faranse o sábado e o domingo.

A programación cultural dos obradoiros, pola súa banda, trae novidades pensadas especialmente para os máis xóvenes. Durante as semanas previas estaranse a organizar actividades relacionadas co queixo, o marketing, a nutrición e a saúde, co obxectivo de acercar as novas xeracións a este sector así como aos seus valores.

O programa e toda a información está dispoñible na páxina oficial festadoqueixo.org