Home Programas Espazo Aberto Arzúa presenta a súa 42º Festa do Queixo

Arzúa presenta a súa 42º Festa do Queixo

0
Arzúa presenta a súa 42º Festa do Queixo

Arzúa xa ten todo preparado para celebrar a súa Festa do Queixo. 42 anos homenaxeando ao producto estrela do municipio e a comarca cun cartaz que sempre sorprende e introduce novidades. Hoxe presentouno o alcalde da localidade, José Luís García, acompañado polo concelleiro de cultura, Miguel Vallo, o secretario-xerente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, Óscar Pérez, o produtor do Festival do Queixo, Alberto Alfonso, a cociñeira Beatriz Sotelo, e o responsable do Queixo Maquetón, José Ramón Bernárdez. O alcalde abriu as intervencións salientando a importancia deste tipo de eventos para o rural.

“Estamos na presentación da mellor Festa do Queixo” José Luís García, Alcalde de Arzúa

O responsable do Queixo Maquetón, José Ramón Bernárdez, informou do grupo gañador deste ano nunha edición moi disputada, os onubenses “Delbosque

A cociñeira Beatriz Sotelo, do restaurante “A Estación” de Cambre e do EFA Piñeiral, tamén reivindicou o rural onde tamén se imparte educación.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, segundo dixo o seu xerente Óscar Pérez, participa como cada ano para promocionar o producto. Ademais, p concelleiro de cultura de Arzúa, Miguel Vallo, deu a coñecer unha das novidades: unha escultura feita de queixo.

Do 3 ao 5 de marzo

A cuadraxésimo segunda edición da Festa do Queixo de Arzúa terá lugar os día 3, 4 e 5 de marzo e ademais da tradicional feira e unha extensa programación cultural contará cos concertos de M-Clan, Milladoiro ou Mercedes Peón. A pregoeira desta edición será actriz galega María Castro.

Programación da Festa do Queixo