Home Programas Espazo Aberto “O artigo 155 é a carauta dunha ditadura formal”

“O artigo 155 é a carauta dunha ditadura formal”

0
“O artigo 155 é a carauta dunha ditadura formal”

Esta semana cumpríronse cen días do exilio forzado do expresident Carles Puigdemont, cuxa investidura pretende impedir o Goberno central a pesares de contar coa maioría de votos no Parlament catalán. Malia a celebración das eleccións de decembro, a situación non parece mellorar e a sombra do artigo 155 mantense intacta.

Unha visión do ‘procés’ desde o movemento anarquista

Dende o pasado 1 de outubro, deceas de persoas foron chamadas a declarar ante a Xustiza por promover as multitudinarias mobilizacións sociais e pedir a liberdade para Jordi Cuixart e Jordi Sánchez, líderes de Òmnium Cultural e a ANC, e os exconsellers Oriol Junqueras e Joaquim Forn.

O secretario xeral da CNT en L’Hospitalet de Llobregat, Jordi Vega, denuncia esta “persecución política orquestrada polo Estado español” e a imposición do artigo 155, a “carauta” que agocha “unha ditadura formal”.

Unha ampla mobilización social

Poderíase atopar encaixe a Catalunya dentro dunha república federal

O sindicalista catalán sinala como eixo fundamental no auxe do movemento independentista a mobilización de milleiros de persoas tradicionalmente distantes ao catalanismo, mais partidarias agora da secesión ao non sentírense identificadas coa Constitución de 1978 nin coa “deriva autoritaria” do Estado. A explicación é sinxela: “O discurso da Transición caducou”, asegura.

Para Jordi Vega, a única solución posíbel a día de hoxe é consolidar a desconexión de España, mais confía en que se puidese atopar un novo encaixe a Catalunya dentro dun Estado republicano e federal.