Arrinca o Compostela Prima20, a “festa do comercio local”

O alcalde da cidade e as asociacións de comerciantes presentaron as xornadas

Do 25 ao 28 de xuño e o 4 de xullo celébrase Prima20, a aposta do Concello de Santiago para a reactivación do comercio local nunha volta á normalidade que para moitas comerciantes, está a ser lenta. A idea é facer actividades por diversas rúas comerciais e fomentar así a mobilidade e o consumo.

- Publicidade -

Haberá música, contacontos, circo ou pasarrúas e obradoiros de orfebrería ou talla de acibeche.

Podes apuntarte aos obradoiros nesta ligazón.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego