Este vindeiro venres comeza a “batalla xudicial” impulsada polo Concello de Santiago contra a familia franco pola “usurpación” das estatuas do Mestre Mateo. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, amosouse na véspera da apertura do xuízo “optimista”. Un procedemento xudicial aberto hai máis dun ano e, malia isto, o propio Noriega recoñeceu que será “longo”
O alcalde de Compostela Aberta defendeu o amplo “traballo documental” sobre o que se asenta a defensa xurídica do concello e que amosa que as pezas do Mestre Mateo son de titularidade municipal. O concello de Santiago presentou a demanda xudicial solicitando a devolución das estatuas do Mestre Mateo hai un ano logo que solicitalas mediante un requerimento á familia do ditador.
Un espolio patrimonial
Para o rexedor compostelán, o ditame final do xuízo podería recuperar algo máis cas obras do Mestre Mateo. Noriega reiterou na mañá que hoxe que este procedemento “podería crear xurisprudencia” de cara a outros bens que conseguiu Franco e a súa familia de maneira irregular. “Detrás deste xuízo tamén hai a posibilidade de xerar un precedente sobre o que foi o espolio patrimonial que unha familia fixo amparándose na ditadura”, explicou