Arrinca a cuarta edición de ‘Compostela+Solidaria’: dúas semanas de actividades para concienciar á cidadanía

O programa desenvolverase entre o 2 e o 13 de abril e haberá máis de vinte actividades en once espazos diferentes para que a xente reflexione e asuma responsabilidades.

Trátase dun proxecto de sensibilización que poñen en marcha por cuarto ano consecutivo o Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD.

Entre as actividades que terán lugar ao longo destas dúas semanas destacan obradoiros, charlas, proxeccións, conta contos e accións da rúa, todas elas co eixo central da defensa dos Dereitos Humanos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -