Arrinca a campaña tamén en Galicia

Os grupos políticos galegos collen posición pouco despois de coñecer o adianto das eleccións xerais

Comezou a campaña electoral para as xerais en Galicia. Gonzalo Caballero convocou aos medios para valorar unhas eleccións que presumiblemente terán lugar en novembro. O socialista insistiu na necesidade de seguir apostando por un proxecto progresista, ao igual que en abril.

- Publicidade -

Sobre o proceso de investidura, considerou que “outras forzas políticas bloquearon a posibilidade de que houbese investidura.” Ademais, advertiu de que tanto España como Galicia precisan “un proxecto progresista de avance social que impida os retrocesos e a involución que representan as tres dereitas”. Tamén recordou que “cando hai eleccións non se debate sobre o pasado, debátese sobre o futuro”.

Outras reaccións

Para Luca Chao, do Grupo Común da Esquerda, a repetición electoral “é irresponsable e abre a porta ás tres dereitas”. En clave galega, cuestiona que faría o PSOE en Galicia en caso de que o PP non obteña maioría absoluta nas eleccións galegas: “Mantería a mesma posición que Sánchez en Madrid?”

Pola súa parte, desde as redes sociais, deputadas e membros do Bloque comezaron a pedir o voto para o 10 de novembro.

Luís Villares, voceiro de En Marea, amosouse moi duro ante o adianto electoral e advertiu do perigo que ten “darlle unha nova oportunidade á dereita.”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego