Home Espazo Aberto Medio ambiente Arranca hoxe o proceso xudicial polas verteduras contaminantes da mina de Touro

Arranca hoxe o proceso xudicial polas verteduras contaminantes da mina de Touro

0
Arranca hoxe o proceso xudicial polas verteduras contaminantes da mina de Touro

O xulgado mixto de Arzúa comeza este mércores a tomar declaración aos representantes das empresas Explotaciones Gallegas SL (Exga) e Tratamientos Tecnológicos del Noroeste /TEN) por un posible delito contra o medioambiente causado polas verteduras contaminantes das balsas da mina de Touro.

En concreto, a balsa da Bama desbordou e verteu no río Brandelos, un afluente do Ulla segundo as denuncias presentadas ante este tribunal. Do mesmo xeito, o proceso xudicial tamén investiga as verteduras da balsa de  Ameneiro. A empresa TEN SL atópase nos terreos da antiga mina para tratar os residuos da mina de Touro-O Pino sendo socia da empresa local Explotaciones Gallegas a través de Cobre San Rafael.