Home Espazo Aberto Cultura Arranca este xoves en Carballo unha nova edición do ciclo de cine euroárabe ‘Amal en ruta’

Arranca este xoves en Carballo unha nova edición do ciclo de cine euroárabe ‘Amal en ruta’

0
Arranca este xoves en Carballo unha nova edición do ciclo de cine euroárabe ‘Amal en ruta’

O concello de Carballo acollerá dende este xoves, 16 de xaneiro, ao 1 de febreiro, unha nova edición do ciclo de cine euroárabe ‘Amal en ruta’, un resumo da última edición da Semana de Cine Euroárabe Amal, celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela o pasado mes de outubro.

Este ciclo consta de catro ficcións e dous documentais –cintas en versión orixinal subtituladas en castelán–, que supoñen un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade. Poderanse ver do 16 de xaneiro ao 1 de febreiro no Pazo da Cultura e na Biblioteca Rego da Balsa. Todos os pases comezarán ás 20.30 horas.

“Soufra” (xoves 16, na Biblioteca Rego da Balsa)
“Sky and Ground” (venres 17, no Pazo da Cultura)
“Mafak” (xoves 23, na Biblioteca Rego da Balsa)
“Look at me” (venres 24, no Pazo da Cultura)
“Yomeddine” (xoves 30, na Biblioteca Rego da Balsa)
“Capharnaüm” (sábado 1, no Pazo da Cultura)

Amal en ruta Carballo

O presidente de honor da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim explicou que esta edición de Amal en ruta enmárcase baixo o lema “E ti, acompáñasnos nesta viaxe?”, un título co que se pretende evidenciar a longa traxectoria do festival Amal, que, con dezasete anos de experiencia, continuará en 2020 cunha proposta chea de diversidade cinematográfica e con cintas de “gran calidade que sorprenderán aos espectadores”.

O alcalde de Carballo, pola súa banda, aludiu á importancia de programar actividades que contribúan a promover e difundir “valores diversos, porque estamos nunha sociedade na que semella que só importan o poder e a riqueza, e outro tipo de valores nunca se teñen en conta”.