O ensino público afronta hoxe unha xornada de folga que busca recuperar o horario lectivo do profesorado: as 18 horas lectivas na ESO e 21 en educación primaria. Este era o horario previo 2011 e 2012 respectivamente, antes de que nun contexto de crise social a Xunta ampliase esas horas a 20 na secundaria e 25 en primaria. A mobilización laboral conta co apoio de todas as centrais sindicais con representación CIG-Ensino, CCOO Ensino, ANPE, FeSP-UGT, STEG e CSIF. E esta está a ser a última hora:
Os sindicatos cifran o seguimento nun 60 por cento nesta media mañá, momentos antes de arrancar a manifestación en Compostela. Dende o local da CIG-Ensino anunciaban que estarán atendendo a calquera incidencia que poida deixar a xornada.
Comeza a xornada da #12DecFolgaEnsino, as nosas liberadas xa están chamando aos centros para ter datos reais da incidencia da folga.#18e21horas#ProfesoradoConDereitos pic.twitter.com/YeWsS902nj
— CIG Ensino (@CIGEnsino) December 12, 2019
O estudantado apoiará ao seu profesorado cunha sentada.
Hoxe o estudantado de maxisterio xuntámonos nunha sentada para amosar o noso apoio á folga de profesorado deste 12D! #18e21horas ✊? pic.twitter.com/VVCAe9tDd8
— Asemblea Maxisterio (@AsembleaMaxis) December 11, 2019