Home Programas Área Compostela Arranca a sétima edición do ‘Galicia Escena PRO’ con máis de 20 espectáculos

Arranca a sétima edición do ‘Galicia Escena PRO’ con máis de 20 espectáculos

0
Arranca a sétima edición do ‘Galicia Escena PRO’ con máis de 20 espectáculos

O ‘Galicia Escena PRO‘ reúne nesta edición a máis de 150 axentes culturais de Galicia e do resto de España. Dende hoxe ata o xoves exhibirase un total de vinte espectáculos, aos que se lle suman as sesións de pitching nas que se avanzará un anaco de dez proxectos nos que están a traballar outras compañías.

Este festival é unha oportunidade para que as compañías mostren o seu traballo e
poidan tamén crear contactos. “É unha feira que non soamente serve para exhibir teatro, senón tamén para vendelo”, explica Carlos Ossorio, director de ‘Clausura do amor’. No caso de Ossorio, el asiste ao ‘Galicia Escena PRO’ para facer un pitching da obra na que está a traballar.

A súa obra, ‘Clausura de Amor‘, estrearase no 2020. Trátase da adaptación dunha obra francesa que fala dunha ruptura amorosa. “É unha obra moi contemporánea. Non só trata a ruptura da parella senón tamén o concepto do amor na actualidade e de que na nosa sociedade xa non existe o íntimo”, explica o director.

As representacións do ‘Galicia Escena PRO‘ terán lugar no Teatro Principal, no Salón Teatro, no Riquela Club, na Praza da Quintana, no Auditorio ABANCA, na Praza de Cervantes, no Hotel Costa Vella, na Fundación SGAE e na Biblioteca Ánxel Casal.